A Praza de Lugo, en feminino: varios postos levan xeracións rexentados por mulleres fortes e traballadoras, que hoxe conmemoran o seu día

O centenario mercado coruñés de Praza de Lugo é un dos que maior representación feminina ten entre as súas traballadoras, e conta incluso con varios postos nos que a tradición praceira pasou de xeración en xeración entre mulleres.

Non hai máis que entrar pola porta do Mercado Praza de Lugo para vivilo: unha importante cantidade de postos están rexentados por mulleres. As nosas praceiras son case unha institución na cidade de A Coruña, e hoxe, máis que nunca, celebramos o seu día.

Pero o que non todos saben é que hai varios deses postos, nos que as nosas praceiras nos atenden a diario, que forman parte dunha importante tradición de mulleres fortes e loitadoras. Postos que foron herdados de avoas a nais, de nais a fillas, e que hoxe, décadas despois, siguen enchendo de productos de cercanía as mesas dos coruñeses.

É o caso de Ana Doldán, unha das nosas froiteiras, neta, filla e nai de froiteiras, cuxo posto segue a conversar boa parte da clientela que a súa avoa atendeu hai máis de 50 anos, cando os postos de froita e verdura aínda estaban no exterior do mercado e non dentro do mesmo.

Ana Roldán

Catro xeracións de mulleres forman tamén parte da vida de Tamara, da Queixería da Avoa, que ten moi preto a herdanza familiar: tanto, que o seu posto conta cunha imaxe da súa avoa no primeiro espazo rexentado.

Tamara. Queixería da Avoa

Paula, de Mariscos Carmen Parga, lembra perfectamente como a súa nai emprendía cada mañá camiño ao posto que rexentaba xunto a unha amiga. Hoxe, ese posto aténdeno a súa irmá e ela, continuando coa tradición familiar.

Carmen Parga

Algo que tamén fan Victoria e Merche, herdeiras dos postos familiares, e tamén dunha amizado única. A avoa de Victoria e a nai de Merche rexentaban cada unha un posto, contiguos entre eles, e forxaron unha amizade que hoxe continúan elas, cóbado con cóbado, atendendo aos clientes.

Victoria e Merche

Máis curioso é o caso de Ana, que ven dunha estirpe única de mulleres praceiras que herdan a tradición… de sogra a nora. A avoa do seu home delegou o posto na súa nora, e hoxe Ana continua coa tradición, que demostra que a forza do cariño vai moito máis aló da espesura do sangue.

Ana

Coma elas, ducias de mulleres atenden os postos do Mercado Praza de Lugo cada mañá, todas elas son exemplo vivo da importancia das mulleres no crecemento socioeconómico da nosa cidade.