Os Praceiros Asociados cremos firmemente que a unión, a colaboración e o asociacionismo son a mellor forma de acadar obxectivos comúns.
 

Creamos esta nova asociación no ano 2014 contando coa colaboración do Concello de A Coruña, a Xunta de Galicia, e doutras prazas e mercados de A Coruña e Galicia.

  • Presidente Pedro Dafonte (Puedes leer la entrevista en La Voz de Galicia)
  • Secretaria Belén Noriega
  • Tesoreiro Cristóbal Troyón
  • Vocais Ángela Iglesias, Manuel Longueira, Francisco A. Movilla

Artigo 5º

  1. Velar polo prestixio moral, social e económico dos autónomos e profesionais comerciantes.
  2. Fomentar e estreitar os lazos de unión e compañeirismo entre os mesmos.
  3. Xestionar cantas disposicións legais conveñan para o desenvolvemento e eficacia empresarial.
  4. Promove-la formación e readaptación profesional entre os seus membros.
  5. A protección social, xurídica e económica dos seus asociados, en materia de intereses colectivos.
  6. Consegui-la presenza da Asociación nos foros de decisión que afecten ó noso colectivo na Comunidade Autónoma Galega.
  7. Establecer e fomentar relacións con entidades análogas tanto locais, provinciais, nacionais como estranxeiras que existen ou poidan contituirse no futuro, podendo adherirse a elas.
  8. Facilitar ós seus asociados, dentro das posibilidades da entidade, os medios que se consideren necesarios para a consecución dos fins enunciados.
  9. Alentar entre os seus membros o cumprimento de normas de ética no exercicio profesional.
  10. Manter relacións cos organismos públicos e privados, asesorando e colaborando con eles en canto redunde en beneficio da economía do Mercado de Abastos e nos sector do comercio.
  11. Favorecer mediante as accións que realice a Asociación a igualdade entre a muller e o home, poñendo especial atención no referente á conciliación da vida familiar e profesional:
    • Fomenta-lo entendemento e a solidariedade entre os asociados, promovendo e creando servizos comúns de natureza asistencial e profesional.
    • Programa-las accións necesarias para conseguir melloras sociais e económicas dos asociados.
    • Favorecer a consolidación da rede de mulleres empresariais, apoiando a iniciativa empresarial e profesional da muller.
  12. Promover, favorecer e desenrolar, mediante as accións, actividades e campañas que realice a Asociación, a calidade e avaliación ambiental, conservación da natureza, desenvolvemento sostible, ou calquera outra medida que favoreza o medio ambiente e o desenvolvemento sostible.
  13. Apostar pola valorización do Mercado de Abastos para mellorar a coordinación das actuacións da administración, incidindo tanto na dotación de novos servizos destinados a incrementar a calidade de vida dos comerciantes, como no incentivo de programas de relevo xeracional, no fortalecemento da base productiva, no incremento da base territorial das explotacións ou mesmo no fomento da formación, investigación e innovación tecnolóxica.
  14. Representar os asociados ante os organismos locais, autonómicos, estatais e para-estatais, a todos os niveles, levando a cabo a necesaria coordinación coas entidades e organismos para a defensa dos intereses dos comerciantes e profesionais do interior do Mercado de Abastos.
  15. Colaborar coa administración na loita contra a intromisión, e a competencia ilícita e desleal.
  16. Calquera outro fin ou obxectivo propio dunha asociación de comerciantes do Mercado de Abastos ou que poidan acordar libremente os órganos de goberno e representativos da Asociación dentro do ámbito das súas competencias.
  17. Potenciar o sector comercial do mercado, fomentando as actuacións conxuntas e operando como interlocutores válidos con outras asociacións e a Administración co obxectivo de incrementar a competitividade e a posición de futuro do mercado.
  18. Representar os intereses do mercado e dos comerciantes.
  19. Representar á totalidade dos comerciantes do Mercado Municipal, prestando servizos atendendo ás peculiaridades de ditos comerciantes, como conxunto.
  20. A constante dinamización comercial do Mercado de Abastos, mantendo sempre ese concepto de grupo homoxéneo de cara ó consumidor.

Para acadar os fins establecidos no artigo anterior, a Asociación poderá realizar as seguintes actividades:

  1. Organiza unha formación constante a través de cursos, congresos e outras accións.
  2. Difundir coñecemento e información a través de boletíns, cartas, revistas ou similares para a difusión desta Asociación.
  3. Establecer servizos propios de interese común para os seus membros.
  4. Garantir a máxima participación dos nosos asociados nas actividades que se levan a cabo.
  5. Sensibilizar aos comerciantes sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
  6. Proxectar, preparar e executar cantas accións ou actividades sexan necesarias para acadar unha adecuada formación e actualización do grupo de comerciantes de mulleres e homes.
  7. Promover o intercambio de experiencias e a consecución de liñas de acción conxunta.
  8. Promover actividades dentro do campo do turismo cultural.
  9. Promover e realizar aquelas actividades e accións que se poidan enmarcar no ámbito dos Servizos Sociais.

Os beneficios obtidos por calquera concepto utilizaranse exclusivamente para o cumprimento destes fins, sen ser distribuídos entre os asociados ou outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.