8M

A Praza de Lugo, en feminino: varios postos levan xeracións rexentados por mulleres fortes e traballadoras, que hoxe conmemoran o seu día

O centenario mercado coruñés de Praza de Lugo é un dos que maior representación feminina ten entre as súas traballadoras, e conta incluso con varios postos nos que a tradición praceira pasou de xeración en xeración entre mulleres.

Non hai máis que entrar pola porta do Mercado Praza de Lugo para vivilo: unha importante cantidade de postos están rexentados por mulleres. As nosas praceiras son case unha institución na cidade de A Coruña, e hoxe, máis que nunca, celebramos o seu día.

Pero o que non todos saben é que hai varios deses postos, nos que as nosas praceiras nos atenden a diario, que forman parte dunha importante tradición de mulleres fortes e loitadoras. Postos que foron herdados de avoas a nais, de nais a fillas, e que hoxe, décadas despois, siguen enchendo de productos de cercanía as mesas dos coruñeses.

É o caso de Ana Doldán, unha das nosas froiteiras, neta, filla e nai de froiteiras, cuxo posto segue a conversar boa parte da clientela que a súa avoa atendeu hai máis de 50 anos, cando os postos de froita e verdura aínda estaban no exterior do mercado e non dentro do mesmo.

Ana Roldán

Catro xeracións de mulleres forman tamén parte da vida de Tamara, da Queixería da Avoa, que ten moi preto a herdanza familiar: tanto, que o seu posto conta cunha imaxe da súa avoa no primeiro espazo rexentado.

Tamara. Queixería da Avoa

Paula, de Mariscos Carmen Parga, lembra perfectamente como a súa nai emprendía cada mañá camiño ao posto que rexentaba xunto a unha amiga. Hoxe, ese posto aténdeno a súa irmá e ela, continuando coa tradición familiar.

Carmen Parga

Algo que tamén fan Victoria e Merche, herdeiras dos postos familiares, e tamén dunha amizado única. A avoa de Victoria e a nai de Merche rexentaban cada unha un posto, contiguos entre eles, e forxaron unha amizade que hoxe continúan elas, cóbado con cóbado, atendendo aos clientes.

Victoria e Merche

Máis curioso é o caso de Ana, que ven dunha estirpe única de mulleres praceiras que herdan a tradición… de sogra a nora. A avoa do seu home delegou o posto na súa nora, e hoxe Ana continua coa tradición, que demostra que a forza do cariño vai moito máis aló da espesura do sangue.

Ana

Coma elas, ducias de mulleres atenden os postos do Mercado Praza de Lugo cada mañá, todas elas son exemplo vivo da importancia das mulleres no crecemento socioeconómico da nosa cidade.

San Valentín

Os praceiros do Mercado Praza de Lugo celebran San Valentín co gran amor dos seus clientes: o produto

A Asociación de Placeiros Mercado Praza de Lugo decidiu celebrar San Valentín cunha divertida homenaxe fotográfica ao gran amor dos seus clientes: o excelente produto dos seus postos. Os placeiros e placeras pousan xunto aos produtos máis demandados nun shooting cheo de imaxinación e risas, baixo o lema “sabemos que nos queres só polo noso produto”

A Asociacion de Placeiros Mercado Praza de Lugo teno claro: o gran amor dos seus clientes é o seu excelente produto, e por iso decidiron festexar San Valentín cunha homenaxe a este amor incondicional e eterno, pousando #ante a cámara cos máis demandados, en escenas cheas de paixón… e de sorrisos.

Baixo o lema “Sabemos que nos queres só polo noso produto”, as redes sociais do Mercado desexaron un feliz San Valentín aos seus clientes da man do seu verdadeiro amor: o produto máis coidado e de mellor calidade.

Centolas cariñosísimos, coliflores que merecen arrumacos, pasta fresca ao máis puro estilo A Dama e o Bagabundo, chourizos irresistibles… un desfile fotográfico en grao sumo apaixonado que serve para desexar aos seus clientes todo o amor do mundo… aínda que só quéiranlles polo seu produto.

Covenio Mercado LAG

O Mercado da Praza de Lugo e Los Ángeles GAS alíanse para fomentar o pequeno comercio

A Asociación de Placeiros Mercado Praza de Lugo e Los Ángeles Gas presentaban esta mañá un convenio que permitirá aos placeiros ofrecer descontos en reposición aos compradores, fomentando o pequeno comercio nestas datas do Nadal.

É, probablemente, o mercado máis emblemático da Coruña, cunha localización privilexiada, unha historia centenaria detrás (111 anos neste 2021) e un xénero excepcional. Pero, se os clientes necesitaban algún outro argumento para gozar do Mercado Praza de Lugo, a partir de agora contarán cun que lles facilitará e abaratará o desprazamento.

A Asociación de Placeiros do Mercado Praza de Lugo e Los Ángeles Gas presentaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá aos placeiros ofrecer aos seus clientes descontos na reposición nas gasolineiras que o grupo ten na área da Coruña: a coñecida estación dos Xardíns de Méndez Núñez, a só uns metros do mercado, e a situada en Oleiros, xunto a Louzao.

10.000 vales de desconto de 0,05€ por litro enchido que os placeiros entregarán aos seus clientes polas súas compras, desde mañá mércores e ata esgotar existencias, e que buscan promover a compra no pequeno comercio nunhas datas nas que poñemos especial coidado e interese en que a nosa despensa e a nosa mesa estean ben variadas.

“Hai moitos clientes do mercado que veñen desde outros barrios e mesmo outros concellos, e para nós é estupendo poder premiar a súa fidelidade e axudarlles a que a súa compra sexa máis beneficiosa grazas a este acordo”, apunta Pedro Dafonte, presidente da Asociación de Placeiros do Mercado Praza de Lugo, “especialmente cando é froito dun convenio cunha peme como Los Ángeles Gas, que coñece a importancia do pequeno comercio e do trato directo, como nós”.

Pola súa banda Fernando Parra, responsable de Los Ángeles Gas, destacaba a importancia que a compañía outorga a colaborar cos pequenos comerciantes “somos unha compañía que desde hai case 50 anos dá especial importancia á atencion personalizada ao cliente e o que isto implica na xeración de postos de traballo. Ideas nas que sentimos moi identificados co mercado local e o concepto da praza de abastos”, explica.

Válelos de desconto empezarán a repartirse entre os clientes da praza a partir de mañá, mércores 15 de decembro, buscando animar as compras de proximidade e fomentar o apoio aos pequenos comerciantes do mercado e ás pemes da área.

Rede Mercados do Camiño

O Mercado Praza de Lugo será parte da Rede dos Mercados do Camiño

Baixo a protección do Xacobeo 2021, o mercado da praza de Lugo de A Coruña rexistrouse na plataforma creada pola Xunta de Galicia para os mercados e tendas dos concellos polos que pasan as distintas estradas.

Esta é unha gran noticia, xa que significa que os peregrinos poderán estampar os seus pasaportes no noso mercado e gozar das nosas promocións especiais.

En palabras da Xunta de Galicia “a Rede busca promover o desenvolvemento comercial do Camiño, promovendo as vendas e facendo máis visibles as tendas e mercados da ruta; mellorando os servizos que reciben os peregrinos; e fidelizando os clientes, fomentando as relacións en liña para cando volvan aos seus lugares de orixe”.