Skip to content
En mariscos Sondomar diferenciámonos por ofrecer mariscos da Ría Galega de alta calidade garantindo a súa frescura e sabor. Produtos especiais para as túas ocasións especiais, axudámosche a triunfar.

Coñécenos

Somos unha pequena empresa familiar, que a pesar da súa curta traxectoria contamos cunha gran ilusión e compromiso polo traballo ben feito e o bo trato aos nosos clientes. Garantindo a máxima calidade e frescura dos nosos produtos así como unha atención personalizada onde atoparás produtos espectaculares e en ocasións exclusivos.
O Mercado
O mercado da praza de Lugo é un mercado de referencia en toda España. A súa proximidade coa lonxa da Coruña fai deste mercado un punto de referencia para compradores e turistas. Aquí poderás atopar produtos especiais en todos os sectores que non verás nas grandes áreas. Produtos de proximidade que garanten a máxima calidade e frescura ademais dun trato inmellorable aos clientes que nos visitan». «O ambiente do mercado é o que mellor explica a súa esencia. Os turistas que nos visitan entran cun sorriso ou coa boca aberta, iso dáche moito que pensar e che enorgullece. Aquí vén xente de todo o mundo e o que máis fan é sacar fotos, non se cren que o marisco estea vivo, algúns se asustan.
Marisco
Contacto
msondomar@gmail.com