Skip to content
No meu posto teño pescado de forno. Traballamos moito a variedade en peixe pequeno, sobre todo bacallau todo o ano. Teño pescado de distintos prezos, alcanzables para todo o mundo.

Coñécenos

Este posto ten unha longa tradición familiar, pertenceu á miña nai, anteriormente á miña avoa, tamén traballaban as miñas tías. Eu sigo os pasos da miña nai, pero doulle tamén o meu toque persoal. Traballo outros peixes e teño a miña particular maneira de presentalos.
O Mercado
O mercado é o lugar sen dúbida onde máis variedade e calidade vas atopar, e ademais o trato é completamente diferente ao dun centro comercial, moito máis directo e máis familiar. O mercado é un gran referente para toda a cidade, a cantidade de xente de fóra que nos visita dá conta diso.
Variedade en peixe. Marisco en fin de semana.
Contacto