Skip to content
No meu posto podes atopar todo tipo de variedade de peixe, sobre todo de tempada, xa que así se pode garantir unha mellor relación calidade-prezo. Todo o peixe provén da lonxa da Coruña. Tamén dispoño de marisco (segundo vedas) as fins de semana e en datas especiais.

Coñécenos

Filla e neta de mariñeiros e terceira xeración de praceiras. Comecei coa miña avoa hai algo máis de quince anos e continuei coa miña nai até fai tres anos que decidimos adquirir este novo posto para expandirnos un pouco máis e dar un mellor servizo. Encántame a miña profesión e o trato persoal cos clientes.
O Mercado
Son moitas cousas as que nos diferencian. A primeira e máis importante é o trato próximo. O mimo e a dedicación que pomos no noso traballo é o noso selo. Outra é a calidade do noso xénero. Nós mesmos escollémolo na lonxa cada día e queremos sempre o mellor para o cliente coma se fose para nós. En resumo, proximidade e calidade son os nosos mellores aliados.
Pescados de tempada. Marisco as fins de semana
Contacto