Skip to content
Somos unha carnicería que quere que os seus clientes estean satisfeitos e felices. Sempre temos preparacións novas e nunca vistas como as piadinas, con 10 minutos no forno é suficiente. Calidade e honestidade é o que nos caracteriza.

Coñécenos

Chámome Víctor e son o responsable da carnicería. Aínda que As Viandas ten catro anos, a miña carreira como carniceiro remóntase ao ano 1999. Coñecín a antiga praza e aínda que a modernización do mercado é evidente, o xeito de vender non cambiou moito.
O Mercado
Tes que mercar na praza de Lugo porque aquí atoparás a mellor calidade en tódolos produtos. Iso é o que nos diferencia: escoller o mellor para os nosos clientes. Ao contrario do que se cre, mercar no mercado non é máis caro que nos supermercados. O mercado é un lugar onde ademais de mercar, fas amigos. Os nosos clientes son os nosos amigos.
Elaboracións artesanas. Carnes de tenreira e cerdo 1ª calidade.
Contacto