Skip to content

A Queixería da Avoa

Somos o único posto de mercado dedicado exclusivamente ao queixo. O noso queixo por excelencia é o Queixo do Pais. Tamén temos outros queixos galegos con DOP como o Queixo do Cebreiro ou o Queixo San Simón da Costa.

Coñécenos

Chámome Tamara e son a cuarta xeración a cargo do posto. Orixinalmente só ofreciamos Queixo do País. Aínda que actualmente segue sendo o noso queixo estrela, fomos introducindo máis variedade e produtos para acompañalo como anchoas, marmelo ou marmeladas.
O Mercado
O ambiente no mercado é algo que non se pode atopar nun supermercado. Este mercado é un punto estratéxico tanto para os coruñeses como para os turistas que chegan tódolos veráns á procura de produtos de calidade para levar aos seus lugares de orixe.
Queixo de País. Queixo do Cebreiro. Queixo San Simón
Contacto
aqueixeriadaavoa@gmail.com