Skip to content

Cocina con sentidiño

Preparamos a túa comida elixindo alimentos de estación e de produción sustentable, cociñando de forma saudable e fornecémoscho en racións equilibradas en envases libres de plástico. E se queres cociñar, podes comprar as nosas materias primas; pomos á túa disposición a nosa despensa.

Coñécenos

Somos profesionais da saúde, a alimentación e tecnoloxía alimentaria». «Cociña con sentidiño xorde para complementar un proxecto novo iniciado no ano 2012, Escola de Aprender a Comer, que ten como obxectivo mellorar a saúde a través da alimentación empregando distintas estratexias: talleres, cursos, sesións e diferentes axudas personalizadas. O máis gratificante de traballar no Mercado é ver como os clientes se van afianzando, é moi motivador cando comentan o ben que se atopan a nivel de saúde desde que acoden ao noso posto a comprar comida, ou cando alguén comenta o moito que lle gusta un dos nosos produtos.
O Mercado
Hai moitas razóns para comprar no Mercado: a calidade dos seus produtos, a súa estacionalidade, a atención personalizada?. Que hai máis motivador que ir comprar a un lugar onde existen artigos únicos e da mellor calidade?, onde te chaman polo teu nome e ademais che orientan para que fagas a compra segundo os teus gustos?
Pratos saudables de estación e Km 0 adaptados á túa dieta
Contacto