Skip to content
Pequeno posto de flores frescas, a maioría cultivadas en Galicia. Gran variedade de flores secas e conservadas. Facemos ramos por encargo.

Coñécenos

Despois de 44 anos con María á fronte, tomei o relevo en outubro de 2020. Pouco a pouco o posto foise renovando, tanto en mobiliario como en tipo de produto, pero sen perder a calidade dos provedores habituais, os bos prezos, e sobre todo, o bo servizo e a estreita relación cos clientes de sempre e cos que se engaden día a día.
O Mercado
No mercado hai unha gran variedade e calidade de produtos. Tamén destacar o tarto próximo e o bo ambiente que se respira entre os propios traballadores. Son pequenas empresas, dirixidas principalmente polos propietarios dos locais ou familiares, o que fai que o trato sexa inmellorable.
Flor fresca, flor seca e plantas de interior.
Contacto
zaiinda09@hotmail.com