Skip to content
Levamos desde 1976 ofrecendo calidade e servizo. Distribuímos a hostalaría e estamos sempre á última en novos produtos: algas, verduras de costa, cogomelos de monte, produtos exóticos, aromáticas frescas. Repartimos a domicilio.

Coñécenos

Marisa e Cristóbal conformamos o día a día deste posto tan moderno como tradicional. Sempre en contacto cos mellores cociñeiros da cidade, propondo novos produtos a disposición de todos os clientes. Gústanos innovar e traballamos con entusiasmo seleccionado os mellores produtos de tempada.
O Mercado
O mercado é un espazo vivo e dinámico, tamén un punto de encontro onde a rutina sempre rompe. Ir ao mercado é moito máis que comprar, é toda unha experiencia que xera comunicación e confianza. En Marisa Vexetais temos unha relación moi especial cos nosos clientes habituais, encántannos as conversacións un pouco friki-foods cos cociñeiros profesionais ou amateurs.
Froitas premium de calidade, verduras de proximidade (agricultores da comarca), produtos exóticos, algas, cogomelos de monte e produtos gourmet.
Contacto